ASOCIACION TEXTIL DE GALICIA

Tipo de industria: Industria textil (textil/moda/hogar)
Provincia: A Coruña
País: España
Número de trabajadores: 4
Página Web (URL): http://www.atexga.com
Descripción: Son fins da Asociación, entre outros os seguintes:

a) O fomento e desenvolvemento de todas as actividades que redunden en beneficio do sector téxtil galego.

b) A representación, defensa e fomento dos intereses económicos, profesionais, sociais e culturais dos seus afiliados.

c) Organizar unha constante labor formativa e de promoción profesional dos seus asociados, con especial incidencia nos denominados colectivos desfavorecidos.

d) Unificar os esforzos dos seus afiliados tendentes a lograr as axudas dos Organismos Locais, Autonómicos, Estatais e Comunitarios competentes. Con este fin, os Asociados deberán comunicar á Asociación todas as solicitudes de axudas por eles presentadas, depositando unha copia de tales solicitudes no domicilio social.

e) A asistencia e organización de certames rexionais, nacionais e internacionais de moda.

f) A participación en misións comerciais.

g) O estudo dos mercados nacionais e internacionais.

h) A realización de campañas de publicidade e promoción comúns a todos os afiliados.

i) Estimular e promover o desenvolvemento tecnolóxico, aumentar a capacidade de absorción de innovación nas empresas, colaborar na promoción , difusión e xestión de programas autonómicos, nacionais e internacionais de investigación, fomentar a creación de redes, plataformas, acordos e outros mecanismos de colaboración que permita a transferencia dos resultados do I +D+ i no ámbito do sector téxtil - confección, así como facilitar o acceso e favorecer o desenvolvemento das novas tecnoloxías da información ás empresas do sector en xeral e da Asociación en particular.

j) A prestación de servizos no ámbito da súa actuación a empresas, particulares, entidades sen ánimo de lucro e calquera outra entidade.
Ofertas de la empresa

En estos momentos, la empresa no tiene ninguna oferta publicada en esta división o área.