Instalador/a de paneles solares fotovoltaicos

Ponteareas (Pontevedra)

Presencial

25.000€ - 33.000€ Bruto/año

Experiencia mínima: Al menos 2 años

Contrato indefinido, jornada completa

  • Publicada 20 jun
  • Publicada de nuevo

Descripción

Nerxiagal somos unha empresa lider no sector, sempre a vangarda dende 1985.

Temos ampla experiencia na planificación, execución e manementos de proxectos de instalacións.

Estamos buscando Oficiais de 1ª para diversas especialidades, será persoa motivada e cualificada, especializada en instalacións de enerxías renovables para unirse ao noso equipo.

-Función principal

Realizar instalacións, postas en marcha, mantemento e reparación de sistemas eléctricos, fotovoltaicos e aerotérmicos, garantindo alta calidade de traballo e satisfacción do cliente.


-Responsabilidades


- Instalar a estructura e paneis fotovoltaicos, somos solar partner de SMA dende 2022. o coñecemento e formación deste producto é obrigatorio. (se non tes coñecementos concretos formaríamoste na empresa)

- Instalar e manter sistemas de aerotermia: bombas de calor Viessmann (somos empresa instaladora e mantedora oficial dende 1992), manexo de unidades interiores/exteriores tipo split, tipo monoblock, tubaxes, sistemas hidráulicos e eléctricos asociados.(se non tes nocións concretas de Viessmann formaríamoste na sede e en Madrid)

- Configurar, instalar e programar dispositivos e sistemas de automatización Loxone, asegurando integración eficiente en proxectos domésticos e comerciais.

- Realizar mantemento preventivo e correctivo en todos os sistemas mencionados: diagnóstico de fallos, reparacións, substitución de compoñentes. Departamento de formación propio.

- Supervisión de instalacións eléctricas xerais, respectando esquemas da Nosa oficina técnica e normativas de seguridade e certificacións.

- Asesorar a clientes, elaborar notas de traballo, control de obra, previsións de material, informes e documentación de instalacións.

- Traballar seguindo estándares de calidade, seguridade laboral e protección ambiental.


-Requisitos


- Experiencia ou Formación en Instalacións Eléctricas, Climatización ou campos afíns.

- Experiencia demostrable como instalador/mantedor.

- Manexo e coñecementos nos sistemas de automatización Loxone: instalación, programación e integración. Contamos con departamento de formación propio.

- Lectura de planos eléctricos, esquemas hidráulicos, coñecemento e interpretación de normativas RITE e REBT .

- Certificacións ou formación en enerxías renovables será valorada positivamente.

- Autónoma/o en estar en obra, puntual, con espírito de aprendizaxe e mellora continua.

- Dispoñibilidade para desprazamentos e para formación externa (cursos, certificacións).

- Carné de conducir tipo B.

-Estar en posesión de curso de alturas e prevención de riscos laborais.


-Ofrecemos

- Contrato laboral estable.

- Salario competitivo, acorde á experiencia e cualificación e incentivos de productividade.

- Plan de formación continua en enerxías renovables, automatización e novas tecnoloxías.

- As mellores ferramentas actuais do mercado e recursos para realizar o traballo con excelencia, eficacia e seguridade.

- Posibilidade de ascenso ou especialización dentro da empresa.

- Ambiente de traballo profesional, dinámico e colaborativo.


-Como candidatarse


Envía o teu currículum a info@nerxiagal.gal actualizado xunto cunha carta de presentación onde expliques:


- A túa experiencia específica nos campos de fotovoltaica, aerotermia e domótica.

- Os teus coñecementos actuais e as áreas nas que che gustaría formarte.

- Disponibilidade de inicio, mobilidade xeográfica e preferencias laborais.


-Se che motiva este reto e tes paixón notábel polo traballo ben feito, achega o teu talento. Agrandemos xuntos o futuro das enerxías renovables e da automatización.

Categoría

Ingenieros y técnicos - Energias Renovables

Nivel

Especialista

Personas a cargo

1 - 5

Vacantes

2

Salario

25.000€ - 33.000€ Bruto/año

Beneficios sociales
  • Otros beneficios: Porcentaxe de obra a éxito

233 inscritos a esta oferta para 2 vacantes

No se aceptan más candidaturas para esta oferta.

Los datos bancarios, de pago y datos personales (DNI, foto) nunca deben proporcionarse al solicitar un empleo. Consulta nuestros consejos para una búsqueda de empleo segura.

Ofertas similares

  • Técnico/a de mantenimiento y reparación CALEFACCION Y CLIMATIZACION

    PROCAL INSTALACION Y MANTENIMIENTO SL.
    • Vigo
    • Hace 3d
      (Publicada de nuevo)

    Técnico/a de mantenimiento y reparación CALEFACCIÓN Y CLIMATIZACIÓN Buscamos un profesional con amplia experiencia en el mantenimiento y reparación de sistemas de calefacción y climatización para incorporarse a nuestro equipo. Funciones: Realización del mantenimiento preventivo y correctivo en instalaciones de calefacción, agua caliente sanitaria, aire acondicionado, climatización y energía solar [...]

    • Contrato indefinido
    • Jornada completa
    • 24.000 € - 27.000 € Bruto/año